Rafa Merino novo adestrador do equipo masculino do Pescados Rubén Burela ata final de tempada

Merino xa exerceu como adestrador interino nas dúas últimas xornadas.


O Pescados Rubén Burela anunciou este martes a Rafa Merino como responsable do primeiro equipo tras a marcha de Alberto Riquer, a quen acompañara anteriormente no corpo técnico.

O novo primeiro adestrador do equipo masculino do Burela estará á fronte do club lucense, inicialmente, ata a conclusión da tempada tras exercer xa como interino nas dúas últimas xornadas.

A entidade laranxa destaca o seu “bo desempeño en Esportiu Rubí FS como coordinador da base, ademais de conxuntos sénior, e no Birmingham da liga inglesa como adestrador”.

O Pescados Rubén Burela é o pechacancelas da Primeira División e aférrase a Merino, que asume este cargo “con forzas e ganas de tentar cumprir o obxectivo” da permanencia. Para conseguilo, dispón de nove xornadas. A próxima, ante o Jimbee Cartaxena.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here